RGPD - Cookies
Galicia

Tres mortos e 74 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana pasado a 74 persoas feridas en 50 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas entre 3 da tarde do venres e a media noite deste domingo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu durante este período 56 chamadas en relación a accidentes de tráfico, que xeraron 50 asistencias. O maior número de atencións por sinistros tivo lugar o domingo, con 23 accidentes.

Por provincias, a cifra máis alta rexistrouse en Pontevedra, con 20 accidentes de circulación, seguida da Coruña, con 17, Lugo, con 10, e Ourense, onde tiveron lugar tres sinistros. Para intervir nestes accidentes mobilizáronse un total de 64 recursos. En concreto, as ambulancias medicalizadas acudiron a catro sinistros, as asistenciais mobilizáronse en 55 ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron os seus servizos en cinco ocasións.

67 feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, catro foron atendidos no mesmo lugar do sinistro e tres persoas faleceron no lugar do accidente.

 

También te puede interesar