Galicia

So 7 de cada 100 parados galegos de longa duración atopou traballo no segundo trimestre deste ano

Só un 7% dos desempregados de longa duración en Galicia atopou traballo no segundo trimestre deste ano, segundo se recolle nun informe elaborado por Asempleo e Analistas Financeiros Internacionais.

Dacordo cos datos do segundo semestre deste 2014, en Galicia hai 171.900 parados de longa duración, o 60,5% do total de desempregados. Segundo recolle este estudio, este número aumentou un 625% dende o inicio da crise -o terceiro trimestre de 2007-, é decir, 148.200 parados de longa duración máis, que levan buscando emprego dende hai máis dun ano, sen éxito.

Elo débese a que dende o inicio da crise a probabilidade de atopar en Galicia emprego sendo un parado de longa duración era un 17,8%, máis do dobre que na actualidade (7%). “As comunidades con maior proporción de parados de longa duración son tamén as que soportan as probabilidades de transición máis baixas, o que alonga a súa xa dilatada permanencia no desemprego e cronifica, aínda máis este problema”, remarca o estudio.

 

También te puede interesar