Vigo al minuto

Milleiros de persoas camiñan por Vigo xa os 9 quilómetros de solidariedade da Marcha Aspanaex

Algúns dos participantes, pasada a Praza de América/Tresyuno Comunicación

9 quilómetros de solidaridade. Esa é a Marcha Aspanaex, que pasadas as 10 da mañá deste domingo, saiu de Castrelos na súa 31ª edición. Trátase dun evento, a prol dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, que destinará os fondos ao equipamento dunha Sala multisensorial.

Baixo o lema ‘Aspanaex ten marcha’, os participantes acudiron minutos antes do comezo para conseguir un Corazón Solidario, a cambio de 1€, que, á vista das máis de 3.000 persoas que decidiron madrugar este domingo, será non so un éxito: ademáis amosar a solidariedade dos veciños de Vigo.

O alcalde acompañado polos concelleiros de Participación Cidadá, Limpeza e a primeira tenente de alcalde/Tresyuno Comunicación

Á hora de redactar esta información, os participantes xa pasaran pola Praza de América- co alcalde incluido- e seguían por Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzaiz e Príncipe. O percorrido proseguirá pola Porta do Sol, para voltar á Praza América e finalmente, a Castrelos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.