Galicia

Cardiopatía isquémica, cancro de pulmón e íctus, enfermidades clave no Plan Sanitario 2014-2016

A cardiopatía isquémica, o cancro de pulmón e o ictus son as enfermidades que priman dentro do novo Plan de Prioridades Sanitarias 2014-2016, que ten como obxectivo estratéxico diminuír o padecemento destas.

O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade presentou este sábado o plan, que recolle 17 prioridades que inclúen 108 obxectivos, 248 accións de mellora e 344 indicadores deseñados para a súa monitorización e seguimento.

No plan priman oito problemas de saúde sobre os que o sistema sanitario galego «debe traballar especialmente». A cardiopatía isquémica é o primeiro deles e ocupa o segundo posto como causa de mortalidade e o terceiro en reducir anos de esperanza de vida. Séguea o cancro de pulmón, que é a terceira causa de mortalidade en Galicia -a primeira en homes e a sétima en mulleres-, e o ictus, que ocupa o terceiro lugar entre as prioridades e a diabete mellitus atópase na cuarta posición. O quinto problema sinalado polo plan é a depresión, considerada unha prioridade sanitaria pola súa frecuencia e o sufrimento que ocasiona.

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), o cancro de colon e o cancro de mama atopan entre as oito enfermidades prioritarias do novo plan. O cancro de mama segue ocupando o terceiro lugar entre as causas de morte das mulleres galegas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.