Ciencia y Tecnología

A Deputación de Lugo convoca 50 becas ‘Leonardo’ para novos titulados

A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a convocatoria de 50 becas ‘Leonardo’ dentro do programa ‘Lugo Job’, das que poderán beneficiarse novos titulados, menores de 35 anos, e especialistas en agricultura, pesca, medio ambiente, informática, turismo e ciencias da vida.

As becas teñen ‘custo cero’ xa que a Deputación asume os gastos de mantemento, vivenda e mantenza. A duración das becas é de catro meses e medio e os beneficiarios teñen que adicar os 15 primeiros días a facer un curso do idioma do país ao que cheguen.

A Deputación de Lugo asumirá un investimento total de 231.000 dos cales o 70% están financiados con fondos europeos.

 

También te puede interesar