Vigo al minuto

Mantas e toallas no chan do Meixoeiro para secar a auga das goteiras

Traballadores do Hospital do Meixoeiro denunciaron este xoves «a grave situación” do centro Meixoeiro, que tras as fortes chuvias destos dous días volve a ter goteiras e filtracións de auga. Os traballadores aseguran que xa advertirán de que esto pasaría logo de que non se fixera a remodelación da fachada- que o ano pasado obligou a pechar varias habitacións-.

As zonas máis afectadas ademáis da entrada do hospital, son un almacén con material para quirófanos e para a unidade de cirurxía cardíaca, os corredores da planta de hospitalización e as ascaleiras.

Membros da plantilla advirten que si persiste esta situación habera que pechar camas “de novo” o que implicará máis ateigamentos en Urxencias e un novo aumento da espera para operarse. Ademáis, lamentan a imaxe de toallas e mantas empapadas polo chan e aseguran que hai un “perigo moi real” de que haxa caídas por esbaramento dada a cantidade de auga que acumílase.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ante este feito repite que está previsto investir preto de 400.000 €- en dous tramos- para atallar este problema, ao tempo que repiten que non houbo problema algún nin nos servizos nin na asistencia médica aos doentes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.