Vigo al minuto

Chega ‘Vigocultura’ cunha programación para adultos e maiores, na Praza do Rei, de outubro a decembro

Vigocultura, que se desenvolverá no Auditorio Municipal (praza do Rei, 1), nos meses de outubro a decembro, ofrece un programa que inclúe unha oferta diversa, con espectáculos para público adulto os venres ás 9 da noite, e para público familiar os domingos ás 6 da tarde.

En total prográmanse 17 actuacións, “atendendo aos criterios de calidade e diversidade de xéneros artísticos”, con especial atención á danza, artes escénicas para a infancia e xuventude, teatro clásico e circo; incorporación de novas linguaxes escénicas, autoría española ou diversidade territoral.

Como novidade, trece destas actuacións prográmanse a través de PLATEA (Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios de Entidades Locais), que ten como finalidade impulsar a programación conxunta coas compañías profesionais das artes escénicas polas entidades locais e o INAEM, para reactivar e enriquecer a programación cultural, minimizando o risco da programación conxunta a taquilla. Os restantes catro espectáculos prográmanse a través da Rede Galega de Teatros.

A programación de adultos está composta de cinco espectáculos de teatro, dous de danza, un de música e un de circo; para público familiar prográmanse oito espectáculos. As entradas terán un prezo de 8 € para os espectáculos de adultos, e para os de público familiar será 3 € ate os 12 anos e 5 € para maiores desa idade.

Ao igual que no anterior trimestre, no Hall do Auditorio Municipal haberá un buzón a disposición de todo o público asistente, para que á saída de cada espectáculo, os espectadores poidan valorar a función e formular as suxestións respecto á programación ou calquera outra manifestación.

Este xoves, día 18, poranse á venda as entradas e abonos para os espectáculos de pagamento, que poderán adquirirse anticipadamente a través do servizo de Servinova ou no teléfono 902.504.500), ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26). Haberá para elixir «abonos á carta» para 5 espectáculos (15% de desconto sobre o prezo total) ou 10 (25% de desconto), e que só se poderán adquirir a través do teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.