Galicia

Folga de maquinistas de Renfe os vindeiros 12 e 15 de setembro

O sindicato de maquinistas ferroviarios, Semaf,ven de convocar dúas xornadas de folga en Renfe para os próximos días 12 e 15 de setembro.  Con estes paros, os maquinistas manifestan o seu rexeitamento á resolución da convocatoria de mobilidade xeográfica para o persoal de condución que, segundo Semaf, Renfe publicou «sen acordo co comité de empresa».

«Semaf non vai permitir que decisións unilaterais por parte da dirección da empresa poñan en perigo a actividade produtiva de Renfe, polo que o persoa de condución irá á folga os próximos días 12 e 15 de setembro», indica Semaf nun comunicado.

Estes dous días de folga convócanse tras os paros que tiveron lugar en Renfe e Adif os pasados días 31 de xullo e 1 de agosto, coincidindo cunha das operacións saída e retorno máis importantes do verán, que foron convocados por CC.OO., CGT e Sindicato Ferroviario e que tamén tiñan as convocatorias de mobilidade laboral entre os seus motivos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.