RGPD - Cookies
Galicia

Rajoy, decidido a reformar o proceso electoral antes das Municipais para que goberne sempre o partido máis votado

O presidente do Goberno, este domingo en Soutomaior

O presidente do Goberno repetiu este domingo, na xuntanza do seu partido en Soutomaior, que aprobará a reforma que permitirá a eleción directa dos alcaldes, ademáis doutras medidas para “mellorar as institucións fortalecer a democracia”.

Mariano Rajoy, salientou que o Partido Popular xa presentou as súas propostas e que está disposto a “sumarse ás que presenten outras forzas políticas”, ao tempo que definiu a reforma electoral nos concellos como o fortalecemento do “vínculo democrático a nivel local”.

Rajoy amosouse disposto a “falar” de temas como o aforamento dos cargos públicos e dos «procesos penais e responsabilidades públicas», o regulamento dos indultos ou a mellora das iniciativas lexislativas populares, e pediu aos demáis partidos políticios que, si non aceptan esa oferta de acordo e diálogo, «deixen de criticar, porque iso é o máis doado”.

 

 

También te puede interesar