Galicia

O BNG pide no Parlamento o rescate da Autoestrada AP-9, o paso á xestión da Xunta e a eliminación das peaxes

O BNG presentou este martes no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que pide ao Ministerio de Fomento que traspase á Xunta a titularidade e xestión da AP-9, e que se rescate a mesma para convertila nunha autoestrada sen peaxes.

A deputada nacionalista Ana Pontón pediu ao Goberno galego que manteña, “con urxencia” unha xuntanza co goberno do Estado e marque “datas concretas”. Pontón, referíndose a este tema, acusou ao goberno Feijóo de “cínico” e sinalou que mentras di públicamente que está a favor dunha rebaixa nas peaxes, “sempre vota en contra de solicitar a mesma” a Audasa.

Polo que se refire ás mesmas, Pontón esixiu unha rebaixa inmediata de, “como pouco un 50%” e lembrou que durante os anos de crise o comportamento da concesionaria da autoestrada foi subir as peaxes “un 30%”.

 

También te puede interesar