Galicia

Desaloxan un túnel do AVE en Cerdedelo logo dun incendio no cadro eléctrico

Un túnel das obras do AVE no concello de Cerdedelo foi desaloxado este domingo, preto do mediodía  logo dun incendio no cadro eléctrico. Ainda que o lume non se espallou, por precaución e ante a posibilidade de que estourase algún dos 110 detonadores que hai no túnel, axentes da Garda Civil decidiron desaloxar o paso das obras.

Bombeiros de Xinzo e Verín, ademáis de voluntarios de Proteción Civil de Laza, acudiron ao lugar.

 

You may also like