Vigo al minuto

En 2015, estarán conxeladas as taxas municipais e se rebaixará un 1,4% a contribución, o imposto de circulación e o lixo

O goberno local aprobou este venres as ordenanzas fiscais para 2015, nas que se conxelarán taxas e prezos públicos, como a da auga, e rebaixará un 1,4 % os impostos de vehículos, lixo e bens inmobles (IBI). Ademaís, logo do acordo entre PP e PSOE para aprobar os orzamentos para o ano que ven, se conxelarán as taxas e prezos públicos de expedición de documentos, cemiterio, laboratorio, desinfección, escolas infantís e municipais, axudas no fogar, música, teatro, danza, instituto municipal de deportes, zoo, licenzas de obra, ocupación de vía pública, imposto de actividades económicas, imposto de plusvalía ou o imposto de construcións.

Igualmente, tamén se elevarán un 2,8 % os mínimos exentos a pagar nas taxas de recollida de lixos, expedición de documentos, laboratorio, desinfección, escolas infantís, escolas de ensinanzas especiais, instituto municipal de deportes e zoo.

No caso do IBI, tamén se elevarán os mínimos exentos nun 2,8 % e producirase unha bonificación do 50 % a familias numerosas que excedan da renda de 8.000 €. Así mesmo, seguirá sendo posible fraccionar o pagamento deste imposto ata en 10 prazos «sen recargas nin intereses», aínda que, se se fai en dous prazos, haberá unha redución do 30 %.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.