Vigo al día

Visita Vigo ´Encallados´, un filme de autocrítica do cine, do Prestige e con dosis de humor

A cidade olívica recibe a comedia en branco e negro Encallados. A cita será o xoves 31 de xullo, ás 20:30 no Auditorio Municipal do Concello, contando coa participación do director, Alfonso Zarauza, e parte dos membros do equipo artístico. A entrada custa 5 euros, con venta en Servinova.

O filme rodado en Santiago de Compostela, é unha comedia centrada no proceso creativo do guión, basándose na dificultade de crear unha película acerca do desastre do Prestige acontecido no 2002. Despois de Vigo, viaxará ata Ribeira, O Carballiño, Mondoñedo, Redondela, Monforte ou Ribadeo. A finais de setembro, comezara unha xira fóra de Galicia.

A película optou por un sistema de distribución alternativa ás salas comerciais, expandindo o cine galego en diversos espazos culturais como asociacións culturais, salas privadas ou concellos. En outono, Zarauza estreará a nivel nacional Os fenómenos, un drama sobre a crise do sector da construción e do inmobiliario, rodado en Galicia e protagonizado por Lola Dueñas e Luis Tosar.

 

También te puede interesar