Galicia

Arde un camión e 8 colectores durante o día 44 da folga de recollida de lixo en Lugo

A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos de Lugo, informou este mércores que pasadas as 4 da madrugada resultou calcinada a cabina dun dos seus camións-  que estaba no aparcamento videovigilado que a concesionaria ten no concello de Vilalba– e que foron queimados oito colectores na cidade, onde se cumpren 44 días de folga na recollida do lixo.

A Garda Civil confirmou que tratábase dun camión de recollida de vidro e que o lume que quedou extinguido ás 5 e media. Ademáis, os axentes estimaron que o incendio foi provocado e non desbotaron que estea vinculado á folga.

Tamen, durante a pasada noite, resultaron queimados oito colectores, catro deles na rúa Rafael de Vega, feiros ante os cales, Urbaser lamentou que «se radicalice» o conflito do lixo en Lugo advertindo de que «esta non é a vía para conseguir nada» e culpando aos traballadores da continuidade do paro.

O certo é que a empresa contratou ‘equipos de reforzo’- formadas por persoal alleo á empresa- para a recollida de lixo- que traballan dende este martes en xornada diúrna e non pola noite, unha medida que Urbaser xustifica acusando aos traballadores «se negan a cumprir o servizos mínimos».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.