RGPD - Cookies

As Catedrais, elixida unha das 7 Marabillas Naturais

A praia das Catedrais, situada no concello lucense de Ribadeo é, dende este martes, unha das sete Marabillas Naturais do Estado, despois de ser elixida nunha votación popular organizada pola empresa Allianz Global Asistance na que participaron, entre o 28 de maio e o 8 de xuño, máis de 80.000 internautas.

As Catedrais impúxose a outros vinte destinos do Estado e, a partir de agora, será incluída nunha nova ruta ambiental que percorrerá tamén outros enclaves naturais como o de Fuente Dea (Cantabria), Somiedo (Asturias), Cabo de Gata (Almería) ou As Medulas (León).

 

También te puede interesar