Vigo al minuto

Convocada, este luns, unha manifestación en solidaridade co pobo palestino

Diversos organización e colectivos sociais, formacións políticas e organizacións sindicais acordaron convocar unha manifestación de solidariedade co pobo palestino para este luns, día 21 de xullo, con saída ás 8 da tarde dende Vía Norte e remate diante do museo MARCO.

Esta manifestación convócase baixo o lema “Galiza con Palestina: paremos a agresión xenocida de Israel”. A lectura do manifesto ao remate da mesma correrá a cargo de Fayez Badawi , representante da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e Susana  Comesaña de BDS-Galiza.

Segundo subliñan os convocantes, “dende o comenzo desta nova agresión os bombardeos aéreos contra a terra palestina de Gaza teñen acusado centos de vítimas mortais entre a poboación civil palestina, moitas destas vítimas nenos e nenas de curta idade. A intervención terrestre de Gaza por parte do exército israelí vai provocar a laminación brutal do pouco que xa queda en pé na franxa, amais dunha masacre de proporcións incalculables entre a indefensa poboación civil palestina”.

Os convocantes animan ao conxunto da cidadanía a sumarse a esta manifestación solidaria e reclaman que os responsables desta agresión contra o pobo palestino “sexan levados ante os tribunais internacionais xulgados por xenocidio, que a Unión Europea e o Estado español esixan a Israel o cese inmediato desta nova agresión e que se cumpran os incontables acordos de Nacións Unidas que, entre outro, implican o abandono dos territorios ocupados polo Estado de Israel”.

 

También te puede interesar