Feijóo insta aos usuarios da AP-9 a que denuncien a Audasa polas reiteradas colas nas peaxes

O presidente Feijóo instou aos usuarios da AP-9 a denunciar á concesionaria da mesma polos constantes atascos, que se están a producir este verán, nas cabinas das peaxes. “Que a concesionaria provoque os atascos é algo que non podemos aceptar”, dixo Feijóo.

O xefe do Goberno galego engadiu que  “os servizos de Consumo da Xunta están a disposición de calquera cidadán para tramitar a denuncia que se poda producir”, ao tempo que deixou patente o seu malestar co Ministerio de Fomento ante esta situación tendo en conta que é o propietario da autoestrada “que é a máis cara de España”, concluiu o presidente.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.