RGPD - Cookies
Cultura

O centro de Santiago acolle a mostra artística Vinte na Quintana

As obras integrantes na mostra Vinte na Quintana amósanse no Espazo de Arte Campus Stellae en Santiago de Compostela, acollendo as disciplinas artísticas de 20 artistas galegos, xunto a creadores de carácter nacional e ámbito internacional. A exposición organizada por Campus Stellae e Claqueta Coqueta, permanecerá aberta ata o 27 de xullo.

Baixo o lema A arte de todos, a mostra permite a participación do público para que poidan plasmar nun lenzo de gran formato, a súa pegada artística. O cadro doarase á Fundación Andrea, que apoia aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou termináis, para a posterior obtención de fondos na Gala Anual da institución celebrada no vindeiro Nadal.

Vinte na Quintana recolle as obras dos artistas Manolo Ebra, Leandro Sanchez, Xosé Poldras, Xavier de Sousas, Carlos Costoya, Marisa Miguelez, Antonio Castro, Andrés Santeiro, Gerardo Fraga, Miguel Angel Macía, José Luís Otero, Beatriz Ansede, Suso León, Carlos Bicada, Vidal Souto, Rafael Masiá, Antón Lamazares, Teresa Añón, Baldomero Moreiras e Francisco Pazos.

 

También te puede interesar