Cultura

A Mesa califica de “insulto” adicarlle o Día das Letras Galegas a Filgueira Valverde, pola súa actividade franquista

Filgueira Valverde co asasino Francisco Franco

A Mesa pola Normalización Lingüística rexeitou este domingo adicar o Día das Letras Galegas de 2015 a Xosé Filgueira Valverde por ser un “insulto a todas as persoas que padeceron o exilio, a cadea e mesmo a morte na defensa da lingua e a cultura galega”.

A Mesa fai unha condena do feito de que “unha persoa como Filgueira Valverde, que foi parte do franquismo, como alcalde de Pontevedra e procurador en Cortes” reciba este recoñecemento, “non pode ser, precisamente polo feito de que o franquismo dirixiu os seus ataques máis feroces contra a lingua e a literatura galegas con consecuencias que, en grande medida, padecemos hoxe”.

Segundo o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “adicar alegremente o 2015 a unha persoa da traxectoria de Filgueira Valverde é un insulto para aqueles que, nas peores circunstancias fixeron todo o posible para dignificar a lingua galega”.

Maceira salientou que “si a lingua galega está viva e conta cunha rica producción literaria e cultural é grazas a persoas que sofriron a represión do réxime do que formou parte Filgueira”.

 

También te puede interesar