RGPD - Cookies
Galicia

Os dependentes galegos tardan, de media, sete meses en cobrar as axudas recoñecidas

Dez comunidades, entre as que se atopa Galicia, tardan de media 210 días en dar as axudas ás persoas dependentes que xa teñen recoñecido este dereito, segundo recolle o primeiro informe do Observatorio da Dependencia.

Nesta situación están Canarias, Murcia, Extremadura, Andalucía, Comunidad Valenciana, Aragón, Baleares, Castilla-La Mancha, Galicia e Asturias. Delas, hai catro que superan os 300 días -Extremadura, Comunidad Valenciana, Asturias e Andalucía-, segundo o devandito informe.

Galicia é a segunda comunidade, tras Aragón, na que máis diminuíron o número de solicitudes entre 2011 e 2014, un 8,1 %.

Ata o 31 de maio deste ano, Galicia rexistrara un total de 81.237 solicitudes das cales 79.588- o 97,9 % -obtiveron un ditame: a 55.395 solicitantes- preto do 70%-  obtiveron o dereito a prestación, o 30 % dos ditames de Grao III -24.269-, o 32 % de Grao II -25.629- e o 6,9 % de Grao I-5.497-.

 

También te puede interesar