Vigo al minuto

Aforo multitudinario para escoitar á Coral Casablanca e esixir autonomía xudicial para Vigo

Centos de persoas na POrta do Sol escoitando á Coral Casablanca/Tresyuno Comunicación

Centos de persoas asisten dende as 9 da noite ao concertó que ofrece a Coral Casablanca na Porta do Sol como o primeiro acto no que os veciños esixen ao Goberno o mantemento do partido xudicial da cidade.

O primeiro en intervir no acto foi o maxistrado e ex alcalde Ventura Pérez Mariño quen lembrou que adicou a súa vida á Xustiza e asegurou que dende noovo sempre loitou polos dereitos que temos todos os cidadáns, dendo os máis básicos, entre eles o dereito a unha xustiza áxil, de preto, imparcial e universal.

Pola súa banda, o alcalde reclamou un futuro para Vigo “sen cortapisas. Sen limitacións nin barreiras que dificulten a nosa economía e a nosa igualdade”. Abel Caballero reclamou o dereito a “continuar sendo a cidade da economía, a cidade da industria, a cidade do emprego, a cidade da prosperidade”.

O alcalde, acompñado do xuiz Pérez Mariño e os decanos dos avogados e procuradores de Vigo/Tresyuno Comunicación

O alcalde subliñou que Vigo quere que se lle recoñeza o seu papel motor da economía, a  súa visión de globalización, o seu carácter exportador e o seu permanente impulso solidario indicando que “moitas son as hélices que moven esta gran nave”, entre elas a Administración.

Caballero afirmou que foron moitas as cesións que Vigo fixo durante décadas e que “agora, temos que alzar a nosa voz, con música e cancións para defender o noso dereito a manter en Vigo unha administración de xustiza acorde coa cidade”.

Un momento da actuación da Coral Casablanca/Tresyuno Comunicación

“Temos que alzar a voz para que Vigo siga a ser referencia da administración de xustiza”, sen supeditacións nin dependencias de outros lugares con menos poboación e máis reducida economía. “Non queremos depender doutros lugares con menos volume de accións da xustiza.  Temos que alzar a nosa voz para que Vigo sega a ser sede referencial da súa propia demarcación xudicial, se chame partido xudicial ou tribunal de instancia” indicou.

 

 

También te puede interesar