Galicia

A Deputación aproba investir 365.000 € para garantir a atención a menores con dificultades alimenticias

A Deputación de Pontevedra porá en marcha, de xeito inmediato, unha liña de axudas a concellos por un importe de 365.000 € para garantir a atención aos menores en risco de emerxencia social ou con dificultades alimenticias nos meses de verán.

A iniciativa foi presentada no pleno da Corporación Provincial por parte da deputada Marta Iglesias, emendando unha moción do PSOE que inicialmente demandaba para este fin 200.000 € e, logo, 2  millóns.

Marta Iglesias lembrou que a institución provincial inviste 26 millóns de euros na Cidade Infantil a Príncipe Felipe para atender 160 nenos nun proxecto de integración social, a pesar de ser esta unha competencia impropia da Deputación.

Así mesmo, subliñou que, tamén que, no marco dunha partida de 2,2 millóns para atención social, a Deputación achega 300.000 € a 73 ONG da provincia que traballan no terreo da emerxencia social.

 

También te puede interesar