Vigo al minuto

O peche de camas en verán impedirá reducir a lista de espera en Vigo en 4.700 personas

Pacientes nos pasillos, no Meixoeiro/Tresyuno Comunicación

Segundo denuncian varios sindicatos, o peche de camas e quirófanos durante o verán, aprobada polo Servizo Galego de Saùde (Sergas), impedirá que a lista de espera se reduza en Vigo en 4.700 personas.

As centrais salientan que a área sanitaria viguesa é a que ten máis xente agardando por unha operación, 13.001, das cales 7.705 corresponden ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e 5.296 ao hospital privado Povisa- segundo os datos do propio Sergas.

Os sindicatos lembran que hai situación moi graves, como doentes que agardan dende 2008, nas especialidades de ciruxía xeral ou traumatoloxía, e que a espera en cirurxía pediátrica, cirurxía vascular, otorrino, oftalmoloxía e cirurxía plástica supera os dous anos.

Á vista delo, propoñen que se manteñan todas as camas e quirófanos durante o verán: elo permitiría dispor de 26 quirófanos operativos cada día, atender 1.560 pacientes cada mes, case 4.700 durante todo o verán.

 

También te puede interesar