Traballadores e pacientes deitanse no chan dos hospitais en protesta polo peche de camas

Hospital do Meixoeiro

Centos de traballadores protestaron en varios hospitais de Galicia contra o peche de 1.095 camas que a Xunta realizará o próximo verán, nunha xornada reivindicativa na que se deitaron no chan dos centros para demandar ao Sergas que “dea marcha atrás” a esta medida.

Deste modo, os vestíbulos e as entradas de hospitais, traballadores e pacientes escenificaron esta protesta tirados no chan.

Con estas xornadas reivindicativas, que xa se celebraron a semana pasada e volverán ter lugar o próximo 28 de maio, ten como fin ademais de evitar o peche de camas, que se contrate máis persoal para o período estival e que os profesionais non teñan que facer máis xornada da que lles corresponde.

Os participantes nestas protestas denunciaron que como o Sergas non contrata novo persoal para cubrir vacacións, obrigará o persoal fixo a multiplicar o seu traballo suplindo os compañeiros ausentes sendo trasladados de unidade ou servizo malia ter unha praza fixa determinada, o que afecta á calidade asistencial ademais de vulnerar os seus dereitos laborais.

 

También te puede interesar