RGPD - Cookies
Vigo al día

Acto lúdico, no Centro Cívico de Teis, este venres, para denunciar a súa «privatización»

Manifestación de veciños de Teis/Tresyuno Comunicación

A Asociación Veciñal de Teis, organiza este venres, día 23, ás 6 da tarde diante do Centro Cívico, un acto pola defensa da xestión veciñal do centro. Co mesmo, segundo os veciños, “preténdese destacar a labor da asociación no centro, reivindicar como un logro do barrio a xestión do centro cívico pola asociación e denunciar a privatización da súa xestión “.

O acto terá un carácter lúdico e reivindicativo, e contará con actividades para máis pequenos, como contacontos e obradoiros infantís, ademáis de actuacións musicais do grupo de gaitas da asociación e do grupo de pandereteiras ‘Barafunda’.

Durante o mesmo, ademáis, “informarase a veciñanza da presentación das alegacións aos orzamentos municipais e da solicitude de xuntanza cos grupos municipais”.

 

También te puede interesar