Comarcas

O BNG, fora dos medios públicos galegos no que resta de campaña electoral

A Xunta Electoral Central (JEC) deu a razón a UPyD e decidiu eliminar o BNG do bloque informativo que os medios públicos galegos dedican á cobertura da campaña previa aos comicios europeos.

Deste modo, os nacionalistas galegos perderán os 27 segundos que tiña asignados dentro do espazo de cinco minutos que a TVG e a Radio Galega dedican á próxima cita coas urnas en cada informativo.

Para o BNG, esta decisión supón «amordazar definitivamente ao Bloque e silenciar os máis de 103.000 galegos que votaron esta opción nas últimas eleccións europeas», motivo polo cal a formación frentista xa anunciou «accións legais».

A JEC argumenta que os sufraxios de 2009 non deben terse en conta debido ao cambio de coalición e, polo tanto, o BNG debe recibir o mesmo trato en canto a cobertura informativa que se nunca se presentase.

É un trato diferente -subliñou o Bloque- ao que reciben ERC, Aralar e EA, os seus socios nas anteriores eleccións europeas, que si viron contabilizadas as papeletas que obtiveron en Cataluña e Euskadi.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.