Vigo al minuto

Veciños de Teis, rexistran no Concello alegacións aos orzamentos locais por un total de 505.000 €

Un grupo de veciños de Teis protestando nunha rolda de prensa do alcalde (arquivo)/tresyuno Comunicación

Unha representación da Asociación de Veciños de Teis presentou este luns no rexistro do Concello un documento de alegacións para que os orzamentos municipais de 2014 teñan unha partida de algo máis de 500.000 € á xestión do Centro Cívico e melloras no barrio.

«Non cremos que os orzamentos que se aprobaron inicialmente en maio recollan as necesidades de Teis e, por iso, presentamos estas alegación ben fundadas para que se aproben estas partidas”, indicou Anxo Iglesias, secretario da asociación vecinal.

Iglesias indicou que trátanse de 55.000 € para renovar o convenio que lles permita manter a xestión do Centro Cívico; 250.000 € para obras na rede de abastecemento e 200.000 € máis para a mellora e construción de novas beirarrúas.

O voceiro da asociación de veciños pediu ao Partido Popular- que aprobou os orzamentos para este ano xunto co PSOE- que atenda as necesidades de Teis e que deixe o seu “silencio cómplice co alcalde” no quie atingue ao centro cívico.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.