Comarcas

Veciños e asociacións cidadáns de As Neves piden un Pleno extraordinario ante o aumento da inseguridade no concello

Xose Manuel Rodríguez, concelleiro e voceiro do BNG, durante a xuntanza cos representantes de asociacións locais/Tresyuno Comunicación

O grupo Municipal do BNG de As Neves pedirá a convocatoria dun Pleno extraordinario da Corporación para tratar os roubos e asaltos a casas do concello nos últimos meses. Esta foi unha das conclusións á que chegaron este mércores representantes de Asociacións de Veciños, comunidades de montes, asociacións culturais e cidadáns de todas as parroquias, convocadas polos concelleiros do Bloque.

Na xuntanza, o voceiro nacionalista, Xosé Manuel Rodríguez informou sobre os contactos que mantivo co subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, para coñecer qué medidas estaba tomando e informarlle, de primeira man, sobre estos actos violentos que en, apenas dúas semanas sufriron unha parella maior de Liñares, que foi asaltada por varios descoñecidos, de noite e na súa casa e, logo de bater á muller, causándolle feridas na cabeza, levaron unha importante cantidade de cartos e, hai apenas dous días, pasoulle o mesmo a unha veciña do Rabelo- en Tortoreos: uns descoñecidos entráronlle na casa e, ademais do medo que pasou, dada a súa avanzada idade, a empurraron e precisou asistencia sanitaria.

Rodríguez salientou que tivo que facer esta xestión ante a “falta de actividade” do alcalde que, ainda que foi advertido polos concelleiros do BNG- mediante unha moción presentada por rexistro- “non tomou medida algunha” e so implicouse no tema cando, logo da xestión do BNG, foi convocado a unha xuntanza polo subdelegado.

O representante do Bloque, nas conversas con Antonio Coello recibiu deste o compromiso de que reforzaríase a presenza da Garda Civil en As Neves con axentes do destacamento de Tui e que, ademáis, a Benemérita daría un curso aos veciños sobre a prevención de asaltos e roubos, “aínda que non concretou nin datas, nin horarios das devanditas patrullas e tampouco o número de axentes que participarían nelas”.

Na mesma xuntanza os veciños e os representantes de asociacións, reiteraron que existe unha “sensación de inseguridade” e rexeitaron que, como dixo o subdelegado trátense de feitos aillados, posto que “levanse producindo meses e van a peor, pasando de roubos de ferramenta, material ou entrada en casas abandonadas, a asalto a casas nas que se saben que sí hai xente”. Ademáis, subliñaron que os asaltantes “están organizados e informados posto que van a lugares aos que non chegaría alguén que non coñecese o concello e teñen como víctimas a personas maiores ou que viven soas”.

Varios dos presentes denunciaron que “antes aínda de que se presenten as denuncias”, representantes de empresas de seguiridade preséntase nos domicilios dos afectados, e dos seus veciños, para ofertarlles a contratación de “alarmas”, polo cal, aseguraron, “parece que estamos diante da intención de que a proteción sexa, tamén, un negocio privado e non un dereito que temos como cidadáns”.

A marxe delo, reclamarán ao alcalde que o único policía municipal do concello “deixe de cobrar aos postos da feira ao a ocuparse de a lectura dos contadores da auga para centrarse no que é o seu traballo como policía” e pedirán a Raúl Emilio Castro, que convoque a Xunta Local de Seguridade, á que asista o subdelegado do Goberno, o comandante da Garda Civil, os representantes dos tres grupos municipais e os dos colectivos e asociacións locais para que “os responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade teñan a meirande información posible e poidan adoptar as medidas axeitadas para garantir a integridade dos veciños”.

 

También te puede interesar