RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela presenta un programa do Día das Letras Galegas que chegará ata xullo

A Consellería de Cultura do Concello de Redondela, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta ven de organizar un programa de actividades para a celebración do Día das Letras Galegas 2014, adicado ao escritor lucense Xosé María Díaz Castro. O mesmo desenrolarase dende o día 17 deste mes ate o 6 de xullo.

Este sábado, dende as 11 da mañá, unha ‘Alborada das Letras’ recorrerá as rúas da vila con ‘Tirapuxa Gaiteiros’. Ás 12 e media, celebrarase o Acto Institucional nos Xardíns da Alameda. Ás 9 da noite, concertó especial de Najla Shami, ‘Na lingua que eu falo’, no Auditorio da Xunqueira.

O domingo, día 18, ás 8 e media da tarde, concertó de 2nda Fronteira, ‘Zapatiños para Díaz Castro’, no Auditorio Piñeiral do Crego –entrada de balde-.

Do 13 ao 20 de xuño, Nimbos de Luz, exposición sobre Xosé María Díaz Castro, no Multiusos da Xunqueira. O luns día 16 de xuño, ‘Díaz Castro na voz da xente’, unha xincana literaria con alumnado de Secundaria, no Multiusos da Xunqueira.

O sábado, 28 de xuño, ás 9 da noite, concertó de 2nda Fronteira, ‘Zapatiños para Díaz Castro’, no Auditorio da Xunqueira. O domingo, 6 de xullo, as 8 e media da tarde, Concerto de Santi Cribeiro e Héctor Lorenzo, ‘Un paso sempre adiante’, no Museo Meirande con entrada de balde.

 

También te puede interesar