Vigo al minuto

500 rapaces participan na I Quedada Literaria de Vigo en homenaxe a Díaz Castro no Día das Letras Galegas

Unha parte dos rapaces que se achegaron a Castrelos este xoves/Tresyuno Comunicación

Este xoves celebrouse a I Quedada Literaria 2014 de Vigo e bisbarra, coa participación de medio millar de alumnos, de Infantil a Bacharelato, procedentes de oito centros. A Quedada pecha os obradoiros literarios que organiza o Concello durante o curso e enmárcase na celebración do Día das Letras Galegas 2014, que homenaxea a Xosé María Díaz Castro, que fai o número 12 dos lucenses aos que se lles adicou este día dende 1963.

A Quedada Literaria citou en distintos puntos do parque de Castrelos a 500 alumnos de oito centros de Vigo e bisbarra, que fixeron lectura individual e compartida, contacontos, ou intercambiaron portadas de libros, entre outras actividades.

Conducida pola actriz Uxía Blanco, tivo lugar unha posta en común das lecturas nos xardíns do Pazo Quiñones de León, cos mozos e mozas recitando, cantando e contando.

O alcalde animou aos rapaces a «dar valor» ao galego e convertelo en lingua vehicular de Galicia no Día das Letras Galegas e durante o resto do ano. «Aquí queremos o galego, a Galicia», dixo Abel Caballero, quen fixo fincapié en que no sur de Pontevedra se seguirá «falando, escribindo, estudando, creando ciencia e poesía en galego».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.