RGPD - Cookies
Cultura

Non viches ‘Vilamor’?…pois non a perdas o domingo na Galega

Máis de dous anos despois da súa estrea en Lugo, a cidade elixida para acoller o lanzamento deste filme rodado nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, ‘Vilamor’ chega ás pantallas da Televisión de Galicia, este domingo, día 18, ás 10 e media da noite.

En 2007, Ignacio Vilar xa sorprendera cun filme rodado con profesionais de Galicia e en galego, ‘Pradolongo’ que, con 450.000 espectadores convertiuse na película máis vista na TVG.

Agora, cunha historia basada en feitos reais, ambientada nas montañas de Lugo, nos anos 70, inspirada nas historias dos habitantes ‘hippies’ da comuna de O Foxo, ‘Vilamor’ promete, canto menos, repetir a aceptación da anterior obra do director de Petín.

Este filme xuntou a un conxunto de actores baixo o nome da ‘Xeración Vilamor’: Rubén Riós, Sabela Arán, Xoel Yáñez, Tamara Canosa, Paulo Serantes, Sheyla Fariña, Santi Romay, Marta Lado, Rubén Prieto, Deborah Vukusic, Marcos Pereiro, María Roja, Carlos Villa ye Uxía Morán. Xunto a eles, Mela Casal, Manuel Lourenzo, Manuel Cortés, Mayka Braña, César Cambeiro, Santi Prego, Luis Iglesia e Belén Constenla.

Logo da especial distribución e promoción da mesma por toda Galicia- na ‘Caravana Vilamor’, que percorreu máis de 3.000 quilómetros visitando centros sociais, asociacións culturais, colexios e institutos– e logo de obter premios y nominacións en festivais internacionais de cine como New York City International Film Festival, Festival Internacional de Cine para a paz, a inspiración e a igualdade de Yakarta, Cairo International Film Festival ou o Celtic Media Festival; ‘Vilamor’ chega ao fogares galegos polas ondas televisivas.

Ao tempo, seguindo coa súa particular promoción, ‘Vía Láctea Films’ colabora con diferentes cafés e locais culturais que emitirán o filme este domingo coa presencia de representantes da obra: en Compostela proxectarase en A Nave de Vidán, en Ourense no Star Bar, en Pontevedra na Posada Indiana e en Lugo na Sala Cook.

 

También te puede interesar