Comarcas

Roberto Vilar enche a alameda de Redondela co seu pregón no último día da Festa do Choco

O alcalde, Javier Bas, foi a diana das bromas de Vilar, pregoeiro este ano da Festa do Choco/Tresyuno Comunicación

Roberto Vilar puxo este domingo, durante o pregón na Festa do Choco o humor nesta cita gastronómica que, a fin de semana reuniu a máis de 35.000 personas en Redondela. O actor e presentador non agardou, case, nin a que remetase de falar o concelleiro de Cultura, Julio Alonso, para empezar a súa improvisación, como demostrou, amosando o atril sen papeis aos centos de personas que ateigaban a carpa e o exterior da mesma, na alameda redondelán.

A carpa do Choco quedouse pequena para acoller a toda a xente que non quixo perderse o especial pregón de Vilar/Tresyuno Comunicación

Vilar empezou felicitando a Portugal polo trunfo en Eurovisión, “porque a gañadora era portuguesa, non?” e seguiu dicindo que él era dunha familia de Lugo, “unha familia normal, sin un xogador de balonmán casado cunha rapaza chamada Elena, que ten un pai que non se sabe moi ben qué fai e unha irma separada dun home que vestía coa roupa da súa sogra, Sofía”. Logo puxo no punto de mira ao alcalde, Javier Bas, que encaixou ben as “cinco ou seis que lle vou mandar”.

“Eu non quería nin estudiar nin traballar”, dixo, “por iso o meu pai aconselloume que me metese no ayuntamiento”, comentou mentres miraba ao alcalde ao que antes preguntáralle si xa fora a misa, “eso é, polo menos, faga iso polos veciños: rezar”.

Vilar durante o pregón/Tresyuno Comunicación

Vilar tivo tempo para lembrar aos seus predecesores no ‘cargo’ de pregoeiros, “chegou aquí Gayoso e foi de listo e ao enumerar o nome das parroquias esquenceuse dunha delas;o ano pasado veu Toriñán e quixo deixar mal a Gayoso e recitou o nome das parroquias..pero, tamen se esquenceu dunha…a min non me vai pasar o mesmo, así que vou coller…así, entre o público, a alguén que non coñezo para que diga o nome das parroquias de Redondela”, e así o fixo…so que elixiu ao alcalde que, unha a unha foille diciendo o nome das 14 parroquias, entre os comentarios do humorista e as risas da xente.

Chocos á plancha/Tresyuno Comunicación

Roberto Vilar rematou o seu pregón loubando que existan festas como a do Choco,ás que a xente como vos, como os meus país, que traballaron toda a vida sen parar, veñen a divertirse, a falar, a descansar e a disfrutar como se merecen”.

Un dos coches clásicos que estaban na exposición deste domingo/Tresyuno Comunicación

No día que puxo fin a Festa do Choco 2014, a atención, ademáis de nas variedades deste prato- nas que as máis pedidas hoxe foron os chocos á grella e aos xa tradicionais con arroz ou cachelos– estivo nos coches clásicos, aparcados xusto na entrada da carpa e que xuntaron a centos de curiosos.

Unha das 'Vespas' que percorreron o centro de Redondela/Tresyuno Comunicación

Tamén houbo tempo para as ‘Vespas’ de todos os modelos– dende as primeriras, as coñecidas da película ‘Vacacións en Roma’, ata os modelos dos anos 60 e 70 do século pasado, en distintos colores e cos recambios orixinais, personalizadas, adaptadas para dúas personas, con conductores vestidos facendo xogo co modelo e mesmo algunha que lembraba a ‘Penélope Glamour’.

Comensais dando conta das diferentes variedades de chocos/Tresyuno Comunicación

Pasadas as 2 da tarde, a carpa estaba chea de comensales que, aproveitando o bo tempo, achegáronse a xantar, a meirande parte deles en grupos- varios de deportistas- e, sobre todo en familia, como podía verse en moitas das mesas que aínda á hora do café seguían ocupadas.

 

También te puede interesar