RGPD - Cookies

O BNG denuncia que o Porto, co acordo dos alcaldes de Salvaterra e As Neves quere comprar terreos en Mos e despreza a PLISAN

Carme Adán, xunto a Xosé Manuel Rodríguez, voceiro do BNG en As Neves,e Xosé Antón Outeiro, en Salvaterra

Os representantes e portavoces municipais do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Salvaterra, e As Neves, xunto coa deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Carme Adán, compareceron este venres en rolda de prensa nos terreos da Plataforma Loxística Salvaterra- As Neves (PLISAN), para denunciar o que calificaron de “despilfarro” por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.

Segundo indicaron, recentemente, os responsables do Porto anunciaron a súa intención de mercar 120.000 metros cadrados no concello de Mos para a creación dunha área loxística’ de contedores e aparacamento de camións e vehículos vinculados ó tráfico portuario, que suporá un investimento considerable.

Curiosamente, mentras, o Porto de Vigo, “un dos promotores e propietarios da PLISAN, que estaba destiñada a acoller o proxecto do Porto Seco”, non aproveita, nin desenrola este espazo pensado e anunciado como unha iniciativa que, ademáis de liberar espazo do propio Porto, “estaba chamado a ser unha área loxistica, de deposito de contedores e vehiculos que facilitase as xestións e deixase libres os peiraos e terreos do porto vigués”.

Estado da PLISAN a día de hoxe/Tresyuno Comunicación

En contra do anunciado, e logo de moitos anos, os máis de catro millóns de metros cadrados da PLISAN seguen aínda, na fase de explanación, sendo una “eira inútil” na actualidade para a que están “construindo unha autovía”, e na hai previsto un enlace en puzo cun orzamento inicial de algo mais de 13 millóns de euros.

Ainda que, ao longo dos anos, o BNG presentou- tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento de Galicia- numerosas iniciativas e propostas para a aprobación da dotación orzamentaria precisa para dotar a esta Plataforma de vida real, e, “a pesares das promesas , que sempre coincidiron con periodos preelectorais, os sucesivos gobernos da Xunta e do Estado, ademáis dos responsables da Zona Franca e a Autoridade Portuaria deixaron morrer o Porto Seco” que, á día de hoxe, segundo salientou Adán, segue paralizado no que parece unha fase permanente de explanación- última obra levada a cabo na PLISAN, e que coincidiu co pago aos propietarios dos terreos cando a nacionalista Teresa Táboas era conselleira de Vivenda e Solo no goberno bipartito presidido por Emilio Pérez Touriño.

Por todo iso, a deputada nacionalista levará a cabo diferentes iniciativas no Parlamento de Galicia, empezando por unha “proposición non de lei”, para que o Goberno galego aclare qué é o que vai facer na PLISAN, en qué prazos, e con qué dotación económica.

“Si no eido das responsabilidades do Estado e da Xunta, o desinterés e o engano no proxecto do Porto Seco, foron unha constante durante máis dunha década, a nivel local, ese engano e desinterés foi secundado polos alcaldes de As Neves e Salvaterra” que, salientaron os dous voceiros locales, preferiron “plegarse ás ordes do seu partido e non emprender iniciativa algunha que supusera una defensa real e efectiva da PLISAN”, baste como exemplo que ante este anuncio da Autoridade Portuaria “non fixeron xestión nin declaración algunha, nin advertindo destas intencións nin, moito menos denunciando a mesma”.

Segundo Xosé Manuel Rodríguez, responsable do BNG de As Neves, o alcalde, Raúl Emilio Castro, comportouse neste asunto “como un segundónalgo que, salientou, pon de manifestó que “sempre que preguntamos nos plenos do concello por este asunto responde que non sabe nada e que agrada que alguén, non sabemos quén, o informe”.

 

También te puede interesar