Veciños de Teis denuncian que o alcalde deixoulles sen teléfono e sen conexión a Internet

Desde hai semanas, os veciños de Teis reivindican o mantemento da xestión veciñal do Centro Cívico. Pola súa banda, denuncian que o alcalde cortou dende onte o suministro de telefonía e de acceso aos contidos dixitais, que dispoñía a agrupación sen presentar declaracións oficiais.

O secretario da Asociación Veciñal de Teis, Anxo Iglesias Covelo, declara que “esta medida só pretende dificultar o contacto coa veciñanza que acode ao centro cívico e que fai uso das actividades da asociación”, engadindo que se trata “doutra medida de represalia”.

Para a vindeira semana, os afectados convocan unha nova manifestación reivindicando a xestión por parte dos vecinos do centro cívico, o mantemento do convenio e mostrándose en contra da privatización das instalacións.

 

También te puede interesar