RGPD - Cookies
Comarcas

O voceiro dos Afectados polas Preferentes do Baixo Miño, absolto dun delito de inxurias

Vicente falando co seu avogado xusto diante do alcalde de Gondomar, pegado á parede, e o de Baiona, ao seu carón/Tresyuno Comunicación

Xulio Vicente non cometeu un acto de inxurias contra o alcalde de Gondomar. O voceiro da Plataforma de Afectados polas Preferentes do Baixo Miño, quedou absolto da devandita acusación, logo do xuizo celebrado en Baiona hai unha semana.

No mesmo – ao que asistiron o propio Fernando Guitián, que está imputado noutro procedemento, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña,xulgábanse os feitos ocorridos hai un ano , logo dun pleno da Mancomunidaade do Val Miñor. Naquelas datas os afectados protestaban diante do concello contra a quita nos seus aforros aprobada polo Goberno e seguiron aos alcaldes polas rúas de Baiona, unha protesta na que, nun momento, Vicente e Guitián mantiveron un ‘cruzamento de palabras’ que o alcalde de Gondomar considerou inxuriosas e que denunciou, como se ve sen moito resultado.

 

También te puede interesar