Vigo al minuto

O Concello adianta o Plan de Asfaltado das rúas da cidade no que investirá 2 millóns

O alcalde picando pedra/Tresyuno Comunicación

O Concello acelerará o Plan de Asfaltados, dotado con 2 millóns de euros, para mellorar o firme de viais no casco urbano e no rural e, dende esta semana, incorpora 8 personas máis- durante un período de 6 meses- para a mellora do mantemento das rúas da cidade.

Segundo o concelleiro de Fomento, o concello xa rematou o asfaltado de Porto Loureiro, Saa e Baixada a Pontenova, traballa actualmente na estrada ao Monte Alba e comezará nos próximos quince días con Leonardo Alonso, a Avenida do Tranvía, Camiño Areeiro, Camiño Raposeira, a entrada ao CEIP Carballal, Doctor Corbal, Goleta e Severino Cobas.

David Regades informou que estes dias arrancaron obras do plan investimentos municipais con cargo a Aqualia. Tomás Alonso xa está en obras, con data de finalización prevista para o mes de xuño, seguen as fases 1 e 2 de Camelias, que concluirá mes de setembro, e xa concluiron as de Peniche, Enrique Lorenzo e en viais dos cascos históricos.

Ademáis, según Regades, o Concello reforma actualmente a Mariña Española, a rúa Oliveira de Abaixo, Espiñeiro, e Camiño Cancelo, ao tempo que mellora o saneamento de Toural e o abastecemento de Coutadas, obras que se alongarán ata o mes de agosto. También a humanización de Areal -entre o número 106 e a rúa Miragaia- atópase actualmente en obras que rematarán o mes que empeza.

Ademáis, a semana que ven empeza a humanización da rúa Moaña, en Coia, con previsión de tela rematada durante o mes de setembro no que o concelleiro calificou dunha “reforma complexa» pois incorporaranse canalizacións de pluviais, inexistentes actualmente, e se acometerá a renovación das redes de saneamento e abastecemento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.