Vigo al minuto

O Congreso vota este mércores a mellora da proteción social e laboral aos enfermos de cancro

A Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso dos Deputados vai debater e votar este mércores, día 23 de abril, unha proposición non de lei da portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, para que se mellore a proteción socio-laboral e de seguridade social das persoas que padecen cancro.

Davila faise eco das demandas que están a realizar persoas como a viguesa Beatriz Figueroa e outras moitas que padecen esta doenza e teñen situacións laborais ou mesmo no paro compricadas.

A deputada do BNG insta ao Goberno a considerar en situación de incapacidade permanente unha vez que se esgotou o prazo máximo de duración da incapacidade temporal a toda persoa que teña sido diagnosticada dun carcinoma e que se manteña esta cualificación ate que se produza a curación definitiva, entendéndose por tal a situación na que as revisións médicas derivadas da doenza se prolonguen cando menos en espazos de seis meses.

 

También te puede interesar