RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Caballero acusa á Asociación de Veciños de Teis de querer 60.000 € do Concello para «os seus intereses»

O alcalde sinalou este luns que a Asociación de Veciños de Teis quere conseguir 60.000 € dun convenio para a xestión do centro cívico do barrio «para o seu interese particular»– aínda que sen sinalar os fins nos que se gastarían eses 60.000 €- advertiu de que «os diñeiros públicos son para o ben común, para o conxunto dos cidadáns» e xustificou os convenios asinados coa devandita asociación porque estaba o BNG no goberno da cidade.

Abel Caballero calificou de «falso» que a asociación xestionara durante anos o centro cívico lembrando que a mesma dispón dun traballador municipal que se encarga do seu funcionamento, ao igual que o resto de centros cívicos da cidade e engadiu que «Teis está ben atendido polo Concello e non é necesario darlle (a Asociación de Veciños) 60.000 € para o seu interese particular”.

As diferencias entre o goberno local e a asociación veciñal empezou logo de que o alcalde non considerase necesario seguir co convenio no que consignábase unha cantidade para que a Asocciación de Veciños realizase diferentes actividades, de feito, nos orzamentos para 2014- pactados entre o PP e o PSOE- non se contempla cantidade algunha para o devandito convenio.

Ante elo, os veciños fixeron distintas mobilizacións e protestas- a derradeira nunha rolda de prensa do alcalde a semana pasada- que, segundo denunciaron, tivo como “resposta” o cambiou de pechaduras no Centro Cívico de Teis para impedir o acceso aos directivos da entidade a esas dependencias. Como resposta, a Asociación ven de convocar, para este martes, unha concentración diante das mesmas.

O voceiro dos veciños denunciou que o goberno local lles esixe abandonar o centro cívico «sen unha xustificación», e asegurou que a asociación «leva 12 anos xestionándoo de forma exemplar», e xustificou a medida do goberno local como unha «represalia de Caballero por tratarse dunha asociación independente».

Pola súa banda, a voceira do Bloque, logo de manter unha reunión con representantes veciñais, amosou o seu apoio á asociación e criticou a actitude do alcalde que “co apoio do PPcumpriu o seu desexo de privatizar a xestión do centro cívico”.

 

También te puede interesar