Vigo al minuto

O Complexo Hospitalario de Vigo implanta, con éxito, o primeiro marcapasos sen cables de Galicia

Tamaño do marcapasos comparado cunha moneda de 1 euro

O Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) implantou, a semana pasada, por primeira vez en Galicia, un marcapasos sen cables, a un paciente de 84 anos de idade, que xa foi dado de alta e evoluciona favorablemente.

O doente padecía de síncope- un trastorno do ritmo cardíaco, que lle producía perdas de coñecemento e a implantación do dispositivo fíxose pola vea femoral.

O marcapasos ‘Nanostim’ se pode colocar directamente no corazón,evita a realización dunha intervención cirúrxica ademáis dos electrodos e cables que levan os pacientes con marcapasos ‘normais’.

Os responsables da unidade de Arritmias do Servizo de Cardioloxía sinalan que este novo marcapasos reduce as complicacións ou infeccións relacionadas co chamado ‘peto’ do dispositivo, dos marcapasos convencionais, ademáis o seu tamaño é un 90% menor que o do marcapasos habitual- mide algo más de 40 milímetros e pesa 2 gramos- e ocupa un volume dun centímetro cúbico no interior de corazón.

O servizo de Cardioloxía do Chuvi lembra que na actualidade, so no área sanitaria de Vigo hai 6.000 personas que levan marcapasos e que, cada ano, implántase, so neste área, preto de 400.

 

 

También te puede interesar