Comarcas

Louzán presentará en Arxentina, o día 15, ‘Os centros da emigración pontevedresa en Bios Aires’, de Martín Fernández

Rafael Louzán/Tresyuno Comunicación

O presidente da Deputación de Pontevedra presentará o martes da próxima semana, 15 de abril, o libro ‘Os centros da emigración pontevedresa en Bos Aires’ do noso compañeiro o xornalista Martín Fernández durante un encontro coa colectividade.

Segundo recolle a webGalicia Exterior‘, a publicación do devandito libro responde a un compromisoadquirido por Rafael Louzán cos colectivos de emigrantes pontevedreses para escribir a súa historia na capital setentrional.

Para cumprilo, encargou a realización de dous libros: ‘Historia da emigración pontevedresa en Bos Aires’ dos profesores Xosé Manuel Núñez Seixas, Pilar Cagiao, Rocío Botana, Pilar Rojo e Xosé Manuel Malheiro; e o que se presentará o día 15, ‘Os centros da emigración pontevedresa en Bos Aires’, de Martín Fernández.

O libro de Fernández recolle a historia dos distintos centros pontevedreses, baseándose nas propias actas das distintas sociedades dende a súa constitución ata a actualidade e está ilustrado con fotos das distintas directivas e de diversos actos sociais celebrados por cada entidade.

No prólogo, Louzán destaca que é «unha homenaxe de gratitude, recoñecemento e respecto» aos emigrantes pontevedreses. O acto terá lugar no Centro Galicia, na rúa Bartolomé Mitre, ás 20,00 horas do 15 de abril.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.