Vigo al minuto

Denuncian multas por manifestarse contra a suba dos prezos de Vitrasa

O pasado día 2 de abril concentráronse ao redor de 100 persoas “de forma pacífica” na Farola de Urzáiz para protestar pola suba dos prezos no Vitrasa e, segundo informa ‘Asemblea Popular de Vigo’, “a Policía identificou a tres delas” antes de que se achegasen ao lugar “dous furgóns da Policía Nacional” a pesares de que “a concentración transcurría con total normalidade”.

Despois de rematada a concentración e lido un manifesto, cando os asistentes xa se estaban disolvendo “os Policías Nacionais advertiron ás persoas que foran identificadas que ían ser propostos para sanción por non teren pedido permiso para manifestarse”.

Dende a Asemblea Popular de Vigo afirman que isto é “un novo intento de criminalizar a resposta social, que emerxe ante os ataques do capitalismo aos sectores populares da sociedade que e amosa a necesidade de participación cidadá”.

 

También te puede interesar