Vigo al minuto

A Marea Verde do Ensino chama a unha asamblea a toda a comunidade educativa de Vigo

Fotografía: https://www.facebook.com/mareaverdedoensino

A Marea Verde do Ensino convocou este mércores a toda a comunidade educativa, de todos os niveis de ensino, para que participe nunha asemblea para «facer balance da situación educativa actual, frear a deterioración do ensino público e canalizar o seu malestar evidente».

A asamblea – convocada o vindeiro mércores no Instituto de Educación Secundaria San Tomé-  terá como obxectivo escoitar as propostas de todos os centros e as persoas vinculadas coa educación, ademais de propoñer a creación dun observatorio e facer un estudo de todas as medidas que está a tomar o Goberno para «restrinxir os dereitos de traballadores e contra os intereses das familias”.

Nos últimos meses o colectivo realizou varias mobilizacións, especialmente na zona do Val Miñor, como dúas concentracións e unha cadea humana, ainda que, como lembraron os membros deste colectivo, o Sur de Pontevedra non é doado de movilizar xa que «ao haber tantos centros é difícil coordinarse”, polo que este será outro dos obxectivos da asamblea: ser un punto de referencia.

O primeiro paso será organizar, tras o encontró, un acto reivindicativo global en Vigo, como punto de partida para que o mobemento empece a ter dimensión.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.