Galicia

Os soldos d@s asalariad@s galeg@s levan caendo catro anos consecutivos

A remuneración de asalariados acumula catro anos consecutivos de caídas en Galicia e España, de acordo cun estudio sobre salarios publicado este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Segundo o informe, isto débese «fundamentalmente» á caída no emprego asalariado, e nos últimos anos da serie, á caída da remuneración media.

En concreto, en Galicia, os descensos interanuais foron do 0,1; 2,2; 2,3 e 5,9% en 2009, 2010, 2011 e 2012, respectivamente. Previamente, en 2007, os salarios creceran un 9,7% respecto ao exercicio anterior e en 2008 incrementáronse nun 4,6%.

Pola súa banda, a evolución no conxunto estatal reflicte baixadas do 2,4; 1,9; 0,7 Y 5,6% nos últimos catro anos para os que ofrece datos o IGE. Mentres, para a media da Unión Europea, os salarios solo caeron en 2009 -un 3%-.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.