Galicia

A modernización da Xunta permitirá xestionar por rede a totalidad dos trámites no 2016

O novo Plan de modernización comunicado pola Xunta permitirá por vía online axilizar máis de 900 procedementos administrativos para os cidadáns en empresas. O modelo implantará un sistema de inscrición único nas 500 oficinas de rexistro e porá en marcha o servizo de notificacións electrónicas.

Das 500 entidades, 180 pertencen á Administración autonómica e as restantes 320 son concertadas coas entidades locais. O novo plan consta do servizo de notificacións telemáticas para recibir os avisos administrativos vía Internet sen necesidade do correo certificado.

O proxecto a través do sistema Chave 365, proporciona o acceso evitando o requisito da presentación do certificado dixital. Para maior simplicidade se crea unha plataforma global de subvencións máis un rexistro empresarial exclusivo. O obxectivo é eliminar a petición da  información de carácter xeral como o título de familia numerosa, o certificado de discapacidade, datos catastrais, titulacións académicas ou situacións tributarias según informa a Xunta.

No 2013 máis de 17.000 cidadáns e empresas realizaron os seus trámites a través da rede. Como retos para o período 2014-2016, o goberno autonómico aspira traspasar do 4% dos trámites online actuais ao 100% no ano 2016, incrementando ata as 50.000 as consultas efectuadas de maneira telemática.

 

También te puede interesar