Comarcas

O presidente Feijóo inaugura as novas instalacións do CTAG en Porriño

O presidente da Xunta indicou, este mércores, na inauguración das novas instalacións de O Porriño del Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) que “o sector automobilístico é un os sectores industriais máis estratéxicos” da economía de Galicia, e un nos que hai que basear a recuperación económica”.

Trátase dun centro que conta con 350 empregados -o 80% enxeñeiros superiores e doutores- que traballan en equipos multidisciplinares nunhas instalacións que abranguen 7.000 metros cadrados edificados -con talleres, laboratorios, espazos de desenvolvemento e zonas de proba-, e 15.000 metros cadrados de pistas.

A Xunta investiu 10 millóns de euros na construción deste complexo que esperan que chegue a converterse nun “centro de referencia en Europa, tanto en electrónica coma en software para vehículos electrónicos”.

O presidente subliñou que, con este centro pretenden “consolidar o campo de coñecemento para saír da crise económica”, posto que Galicia “se revela como un país con afán de emprender, de innovar, de competir e de situarse dentro da vangarda tecnolóxica de automoción de España e a Unión Europea”.

Ademais, indicou que, para o desenvolvemento do sector en Galicia, son factores fundamentais a unión de esforzos, a innovación permanente e a colaboración entre a industria e a administración. “En Galicia non só construímos automóbiles, pezas e compoñentes, senón que tamén estamos a investigar a electrónica de automoción do futuro”.

 

También te puede interesar