Destacados

Nivel no Parlamento: un deputado do BNG dille ao responsable de Pesca que «había que matalo a paus»

O deputado do BNG Daniel Rodas, voceiro de asuntos pesqueiros, espetou este martes, no Parlamento de Galicia, ao secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, que «había que matalo a paus» e que «habería que correlo», durante un debate sobre as posibilidades de pesca de especies peláxicas para o sector do cerco galego. O nacionalista retirou, aos poucos minutos, esta afirmación, a instancia da presidenta en funcións da comisión de pesca.

Sobre o asunto que se discutía, a distribución das cotas de pesca de cabala e xurelo entre a flota de cerco que faena no caladero do Cantábrico Noroeste, Maneiro destacou que se o ano pasado chegou a cantidade asignada ás embarcacións galegas, «este ano ten que chegar tamén».

Segundo os seus números, indicou, as toneladas de cabala que pode pescar o sector galego soben un 13,5% este ano, ata 1.917. Isto, sen contar coas en torno a 2.000 toneladas que a Xunta espera que se poidan sumar «despois da negociación con Noruega», salientou o secretario xeral do Mar.

Juan Maneiro considerou «xusto» o criterio empregado para a repartición pola Secretaría Xeral de Pesca, pois se a pesqueira se distribuíse baseándose en tripulantes «se podería abrir unha cuestión nada vantaxosa» para Galicia.

Na súa opinión, “este modelo de xestión é moito mellor que o da pesca olímpica que viñamos practicando», argumentou, ao sinalar que, agora, toda a flota poderá capturar especies peláxicas «cando estime que é mellor para os seus intereses» e fronte á costa galega.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.