Vigo al minuto

Convocada, este domingo en Vigo, unha manifestación para esixir o indulto para dous sindicalistas

Este domingo, día 9, está convocada en Vigo unha manifestación (11 e media na Praza de España) para esixir o «indulto inmediato» dos dous sindicalistas que foron condenados a tres anos de cárcere por participar nun piquete nunha folga de transporte en abril de 2008

As centrais consideran «desproporcionada e inxusta» a condena aos sindicalistas Serafín Rodríguez (CIG) e Carlos Rivas (UGT), un rexeitamento que tamén amosou o BNG, que levou ao Parlamento e ao Congreso esta petición, o PSdeG, que tamén se unirá á marcha en apoio aos dous sindicalistas, e o alcalde de Vigo, quen recibiu aos dous condenados e comprometeuse a plantexar o seu indulto ao Goberno do Estado.

Serafín e Carlos lembraron que durante a manifestación se situaron na rotonda de Bouzas xunto a unhas 80 persoas e alí, a policía lles esixiu que se identificasen, chegándolles un tempo máis tarde a citación da xuíza. Non obstante, eles rexeitaron estar a facer actos vandálicos ou impedir que os traballadores acudisen ao seu posto de traballo.

«Non estaban a facer danos, non cortaban o tráfico e non hai denuncias de particulares nin de empresas», asegurou o voceiro da CIG en Vigo. Non obstante, os dous sindicalistas foron condenados á pena máxima – tres anos de cárcere cada un- acusados dun delito contra os dereitos dos traballadores.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.