RGPD - Cookies
Sucesos

Catro dos 11 tripulantes do barco que se partiu en dous en Francia son galegos

Catro dos 11 tripulantes do ‘Luno’, que, chocou contra o dique da praia de La Barre na localidade francesa da Anglet –preto do porto vascofrancés de Baiona- son galegos. O barco, que partiuse en dous, saira, sen carga, do porto guipuzcoano de Pasaia, e levaba 123 metros cúbicos de fueloil nos seus depósitos.

Segundo informou a Autoridade Portuaria de Pasaxes (APP) o buque non tiña escala en Pasaia, pero permanecera no porto guipuzcoano para a reparación dunha avaría, e partira de alí cara ao porto de Baiona..

Nun comunicado, a Prefectura de Pirinéos Atlánticos indicou que cara ás dez da mañá deste mércores o Centro Rexional Operativo de Vixilancia e Salvamento (CROSS) con base en Etel foi alertado de que o cargueiro tiña dificultades para acceder ao porto de Baiona. O buque ‘Luno’ de cen metros de eslora e matrícula española, con once membros na súa tripulación, embarrancara.

Segundo sinalou, a nave tiña unha “avaría eléctrica total» e dous remolcadores e o práctico de Baiona se dirixiron a el. O práctico subiu a bordo e, a continuación, o barco arrastrado polas ondas colisionou co dique da praia de Le Barre e partiuse en dous.

También te puede interesar