Vigo al minuto

O concello di que a Xunta non puxo “nin 1 €” no Casco Vello e o goberno galego asegura que investirá 3,6 millóns

A Xunta desmentiu- pouco despois de coñecelas- as declaración da tenente de alcalde, Carmela Silva, nas que denunciaba que o goberno agalego non puxera “nin un euro” no Casco Vello, “cando o señor Feijóo prometeu 4 millóns”, e que o Consorcio do mesmo vivía dos beneficios pola venda e alugueiro de vivendas e locais comerciais.

Silva asegurou que, por este motivo, non se podían acometer obras na ‘fachada’ do Berbés nin na parte alta do barrio histórico xa que non hai a cantidade que asegurou o presidente da Xunta, “nin os orzamentos visibles nin nos invisibles”.

A delegada da Xunta en Vigo, en contestación á tenente de alcalde, asegurou que Feijóo impulsou, como conselleiro, a creación do Consorcio do Casco Vello, organismo ao que se dedicaron ata agora 27 millóns de euros.

María José Bravo Bosch, lembrou que, por primeira vez, este organismo aprobou un Plan de Actuación (2013-2017), e que, á marxe das actuacións xa previstas, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) destinará outros 3,6 millóns de euros para a rehabilitación da fachada do Berbés, unha partida que salientou, está completamente asegurada.

A delegada acusou a Carmela Silva de anunciar que nos orzamentos municipais para 2012 habería 1 millón de euros para o Berbes e indicou que “non fixo nada de nada”, o cal motivou que “fose a Xunta a que se tivese que facer cargo da actuación neste ámbito”, poñendo, afirmou, os devanditos 3,6 millóns fronte aos 400.000 € do Concello.

 

También te puede interesar