Comarcas

Empeza a rodaxe de ‘A Esmorga’

Parte do equipo de A Esmorga, este mércores en Ourense, co director, Ignacio Vilar, no centro, acompañado polo alcalde de Ourense/Tresyuno Comunicación

 

O director Ignacio Vilar e os tres protagonistas da película, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán ‘Morris’, presentaron este mércores na Praza Maior de Ourense a rodaxe de ‘A Esmorga’ baseada na obra de Eduardo Blanco Amor e que, segundo adiantou Vilar, xa está en marcha dende hai varios días e que o vindeiro 11 de febreiro empezará a filmarse cos actores.

 

Vilar, quen cualificou a novela coma “unha das grandes da literatura universal”, subliñou o seu compromiso coa finalidade de ser “completamente respetosos coa obra, eso sí, adaptandoa á linguaxe cinematográfica”. Para elo, os ensaios con Elejalde, que da vida a Bocas, De Lira, que será Cibrán e Morris que se transformará en Milhomes, prolónganse “12 e 14 horas ao día”, feito ao que se suman os escenarios que serán os orixinais da novela, que transcorre en Auria, nome que o autor da nela á cidade de Ourense.

A Praza Maior transformarase para voltar ao Ourense de hai 40 0u 50 anos, para rodar os exteriores, para o cal habilitaranse dúas das tendas máis coñecidas dos arredores da Casa do Concello. Aproveitarase que “a ruta da Esmorga consérvase casi na súa totalidade…prácticamente nun 80%” para que os planos reflictan a mesma e levarase a rodaxe, ademáis de As Burgas, á capela do Cristo, na Catedral, “algo que é a primeira ocasión no que se fai”, logo de obter o permiso do Obispado.

Os protagonistas, Morris (Milhomes), Miguel de Lira (Cibrán), e Karra Elejalde (Bocas)/Tresyuno Comunicación

 

A famosa taberna, recreada por Blanco Amor, será ‘O Papuxa’, en Ribadavia, “que ate conserva o chan de terra”. O Pazo de Andrade será, na rodaxe, o Pazo de Tor, en Ferreira de Pantón, unha incursión na provincia de Lugo- e propiedade da Deputación lucense- e única parte da película que non se realizará en Ourense, e para a ‘casa de putas’, o director fixo cosntruir os decorados «tal e como se narran na novela», nunha sala de festas.

O obxectivo é de que a rodaxe dure ate finais de marzo e que, logo da posproducción e a montaxe, poda estar nos cines nos derradeiros meses deste 2014.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.